A queima. Parte final do proxecto ¨Adopta Un Señor Importante¨, unha proposta expositiva no que me propuxen reflexionar sobre o papel do azar no relato histórico e sobre concepto do valor. Por iso propuxen un xogo descarado: deixar en mans do espectador (público, cliente) a decisión final sobre o que permanecerá e o que non, sobre o que é arte e o que é leña seca.
O 23 de xuño do 2017 as pezas non adquiridas arderon nunha fogueira de San Xoán facendo deste xeito que o Gran Libro dos Señores Importantes sexa o único vestixio da súa existencia.
Тэги:
#Balanescu_Quartet #Maria_Tanase #Natasha_Lelenco #Adopta_Un_Señor_Importante #O_Gran_Libro_dos_Señores_Importantes